O alumnado do «Pote II» fixo unha visita o pasado 2 de Xuño ás instalacións de Clúster de Acuicultura e Galicia en Couso. Alí puideron coñecer de primeira man os proxectos de I+D que se están levando a cabo, como por exemplo o proxecto Accuaenergy, cuxo obxectivo é mellora da competitividade das plantas acuícolas a través da eficiencia enerxética.

As instalacións do centro divídense en tres zonas de traballo que permiten reproducir a pequena escala todas as fases de cultivo dunha especie dende a reprodución ata o engorde, no que alcanzan a talla comercial desexada. Cultívanse as especies de rodaballo, robaliza, linguado, dourada e mero.

Fonte:https://obarbanza.gal/2021/06/o-alumnado-do-pote-ii-visita-as-dependencias-do-cluster-da-acuicultura-en-cousa/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.